Maquis (resistencia francesa)

Un grupo de maquis en La Trésorerie en 1944. O uso da boina, moi común no medio rural francés desa época e chamada boina vasca, é un dos símbolos distintivos dos maquis franceses, empregada tamén para confundirse entre a poboación civil[1]

O maquis designa grupos de guerrilleiros que formaban parte da denominada Resistencia francesa, sendo a súa presenza particularmente activa nas zonas montañosas da Bretaña e do sur de Francia onde fustrigaron as forzas do réxime de Vichy e a Wehrmacht do Terceiro Reich.

En España é o nome xenérico adoptado pola historiografía, polo que se coñecen os grupos armados clandestinos que practicaron as técnicas de combate de guerrilla especialmente no medio rural e natural, como bosques ou zonas montañosas, durante a guerra civil española e a posguerra española, provenientes moitos deles do maquis francés.

  1. Fonte: Donald I. Grant. Department of National Defence / National Archives of Canada, PA-166396. The Battle of the Scheldt en junobeach.org

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search